ORGANIGRAMA


PADROADO

O Padroado é o órgano de goberno da Fundación. Está composto por seis membros,catro designados polo pleno do Concello de Burela que serán os que ostenten en cada momento os cargos de Alcalde/sa, Primeiro/a Tenente de Alcalde/sa, Concellal/a Delegado/a de Servizos Sociais e Traballador/a Social do Concello, e dous elexidos en asamblea pola Asociación de Pais CAMIÑA.


Actualmente os membros que compoñen o Padroado son:

                 Presidente : Alfredo LLano García ( Alcalde do Concello de  Burela )

                 Vicepresidente : Ramiro Fernández Rey ( Primeiro Tenente de Alcalde )

 

                 Tesoureiro : Aurora Fraga Fernández ( Vogal da Asociación de Pais )

 

                 Vogal : María do Carme López Moreno ( Concelleira de Servizos sociais)

 

                 Vogal : María Consuelo Cartoy Veiga ( Traballadora Social do Concello )

 

                 Vogal : Silvino Oroza Cordido ( Presidente da Asociación de Pais)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


 
                Secretaria : Noelia Eijo Quelle ( Directora dos Servizos da Fundación )


POLITICA DE CALIDADE

A dirección e o Padroado da Fundación Eu Son comprométense a implantar na súa xestión un modelo organizativo orientado na toma de decisión baseada en resultados, e na mellora continua, tanto dos servizos prestados ós usuarios/as e familias como a xestión de calidade.

Con este modelo organizativo, a Fundación pretende asegurar a satisfacción, o benestar e una adecuada calidade de vida, tanto das persoas beneficiarias dos seus servizos como das súas familias. Para cumprir este obxectivo, a Fundación asume os seguintes compromisos:

 

- Cumprir a normativa vixente e calquera outro requisito subscrito ou aplicable ós servizos e actividades desenrolados pola Organización.

- Favorecer a mellora continua da eficacia do sistema de xestión, así como dos procesos servizos, dotando á organización da infraestrutura e medios necesarios ó adecuado desenvolvemento das súas actividades.

- Alcanzar o maior grado de satisfacción e benestar tanto dos beneficiarios como das súas familias.

- Actuar para mellorar a calidade de vida dos usuarios,procurando cubrir as necesidades cos apoios necesarios para o seu desenrolo integral.

- Implicar a todos os profesionais da Fundación tanto na implantación como na mellora do sistema de xestión e nos seus procesos.

- Potenciar a formación,sensibilización e concienciación dos profesionais da Fundación, sendo conscientes de que o seu comportamento ou competencias son esenciais para a implantación e mellora do sistema.

- Comunicar eficazmente e por a dispor de todos os membros da Organización e partes interesadas esta política. 

- Conseguir un sólido desenrolo ambiental mediante o control dos impactos das nosas actividades e servizos.

  

Estes compromisos serán plasmados tanto os obxectivos como a actitude e a metodoloxía de traballo diario da Fundación.


MISIÓN, VISIÓN, VALORES

Misión

Mellorar a calidade de vida das persoas adultas con discapacidade intelectual e as súas familias, facilitando e proporcionando os apoios individuais precisos que favorezan a súa autonomía persoal e integración social e laboral na comunidade.

 

Visión

Continuar sendo un centro de referencia na atención a persoas adultas con discapacidade intelectual, ofrecendo un servizo innovador en renovación e adaptación constante para prestar un servizo de calidade que de respostas ás necesidades integrais dos nosos usuarios.

 

Valores

IGUALDADE: todos os membros que conforman a Entidade gozan dos mesmos valores e oportunidades.

 

EMPATÍA: buscar un clima de respecto e aceptación entre tódolos membros que integren a organización, entendendo o que senten e as razóns polas que pensan e actúan dun xeito determinado.

 

CALIDADE: elemento fundamental de mellora continua para satisfacer as necesidades e demandas dos nosos usuarios e as súas familias, ofrecendo as solucións máis adaptadas.

 

TRANSPARENCIA: dende a nosa Entidade transmítese sempre información clara, concisa e accesible.

 

RESPONSABILIDADE: como valor indispensable para tomar decisións responsables, consecuentes e de compromiso coa Entidade.

 

INNOVACIÓN E ADAPTACIÓN: para asumir os cambios e promovelos atendendo ás necesidades e ofertando as solucións máis axeitadas.

 

COMPROMISO: participación activa coa organización tendo en conta a misión, visión e valores da entidade.


USUARIOS

CENTRO OCUPACIONAL

PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL, CON IDADES COMPRENDDAS ENTRE OS 18 E OS 59 ANOS, CON NECESIADES DE APOIO LÍMITE E/OU INTERMITENTE.

CENTRO DE DÍA

PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL, CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 18 E OS 59 ANOS, CON NECESIDADES DE APOIO EXTENSA E/OU XERALIZADA EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA