ORGANIGRAMA

PADROADO

O Padroado é o Órgano de Goberno da Fundación Eu Son. Está composto por seis membros,catro designados polo pleno do Concello de Burela que serán os que ostenten en cada momento os cargos de Alcalde/sa, Primeiro/a Tenente de Alcalde/sa, Concellal/a Delegado/a de Servizos Sociais e Traballador/a Social do Concello, e dous elexidos en asamblea pola Asociación de Pais CAMIÑA.


Actualmente os membros que compoñen o Padroado son:

 

  • Presidenta : Dona Mª del Carmen López Moreno
  • Vicepresidente : Don Mario Pillado Mon
  • Tesoureira : Dona Mª Consuelo Cartoy  Veiga 
  • Vogal : Dona Alejandra Fernández Cillero 
  • Vogal : Dona Mª Fernanda Casabella Méndez 
  • Vogal : Don José Antonio Rodríguez Sixto 
  • Secretaria : Noelia Eijo Quelle 

 

 


POLITICA DE CALIDADE

A DIRECCIÓN e PADROADO DA FUNDACIÓN EU SON  comprométense a implantar un modelo organizativo orientado á toma de decisións baseada en resultados, oportunidades e mellora continua, tanto dos servizos prestados como da súa xestión de calidade co fin de cubrir as necesidades de atención personalizada e integral e contribuír así á mellora da súa calidade de vida,  tanto das persoas beneficiarias dos seus servizos, como das súas familias e resto das partes interesadas.

                                                                                                    
Para cumprir este obxectivo, a Dirección da Fundación Eu Son asume os seguintes compromisos:

                                     

  • Cumprir a normativa vixente e calquera outro requisito subscrito ou aplicable ós servizos e actividades desenrolados pola nosa organización.
  • Cumprir a misión, visión e valores da entidade.
  • Favorecer a mellora continua da eficacia do sistema de xestión, así como dos procesos e servizos, dotando á organización da infraestrutura e medios necesarios o axeitado desenvolvemento das nosas actividades.
  • Acadar o maior grado de satisfacción e benestar tanto dos usuarios/as como das súas familias.
  • Actuar para mellorar a calidade de vida dos usuarios/as, procurando cubrir as súas necesidades cos apoios necesarios para o seu desenrolo integral.
  • Implicar a todos os profesionais da Fundación tanto na implantación como na mellora do Sistema de Xestión e o seus procesos.
  • Potenciar a formación, sensibilización e concienciación dos profesionais da Fundación, sendo conscientes de que o seu comportamento e competencia son esenciais para a implantación e mellora do sistema.
  • Comunicar eficazmente e poñer a disposición de todos os membros da organización e partes interesadas esta política.
  • Acadar un sólido desenvolvemento ambiental mediante a prevención da contaminación e o control dos impactos das nosas actividades e servizos sobre o medio ambiente tendo en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

 

Estes compromisos serán plasmados tanto nos obxectivos, como na actitude e a cultura e traballo diario da Fundación.

 

 

 


MISIÓN, VISIÓN, VALORES

Misión

Mellorar a calidade de vida das persoas adultas con discapacidade intelectual e as súas familias, facilitando e proporcionando os apoios individuais precisos que favorezan a súa autonomía persoal e integración social e laboral na comunidade.

 

Visión

Continuar sendo un centro de referencia na atención a persoas adultas con discapacidade intelectual, ofrecendo un servizo innovador en renovación e adaptación constante para prestar un servizo de calidade que de respostas ás necesidades integrais dos nosos usuarios.

 

Valores

IGUALDADE: todos os membros que conforman a Entidade gozan dos mesmos valores e oportunidades.

 

EMPATÍA: buscar un clima de respecto e aceptación entre tódolos membros que integren a organización, entendendo o que senten e as razóns polas que pensan e actúan dun xeito determinado.

 

CALIDADE: elemento fundamental de mellora continua para satisfacer as necesidades e demandas dos nosos usuarios e as súas familias, ofrecendo as solucións máis adaptadas.

 

TRANSPARENCIA: dende a nosa Entidade transmítese sempre información clara, concisa e accesible.

 

RESPONSABILIDADE: como valor indispensable para tomar decisións responsables, consecuentes e de compromiso coa Entidade.

 

INNOVACIÓN E ADAPTACIÓN: para asumir os cambios e promovelos atendendo ás necesidades e ofertando as solucións máis axeitadas.

 

COMPROMISO: participación activa coa organización tendo en conta a misión, visión e valores da entidade.


SERVIZOS

CENTRO OCUPACIONAL

O servizo de atención diúrna ocupacional é un servizo especializado destinado a proporcionar atención integral a persoas con discapacidade intelectual, temporal ou permanente, maiores de dezaseis anos, que non poden acceder a un emprego ordinario ou protexido.

 

Presta atención a persoas con discapacidade intelectual entre o 33% e un 75% con necesidades de apoio límite e intermitente e con dependencia grao I e II.

 

Este servizo comprende o conxunto de actuacións, adaptadas ás necesidades das persoas usuarias con discapacidade intelectual que, residindo nos seus propios fogares, precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social e ocupacional, orientadas de xeito principal á preparación e integración laboral, así como á promoción da súa autonomía persoal.

 

 

CENTRO DE DÍA

O servizo de atención diúrna terapéutica é un servizo destinado a proporcionar atención integral a persoas con discapacidade intelectual, maiores de 16 anos, como mínimo cun 75% de discapacidade con necesidades de apoio extenso e/ou xeneralizado e con dependencia grao II e III.

O centro de día comprende un  conxunto de actuacións, adaptadas ás necesidades das persoas usuarias que, residindo nos seus propios fogares, precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter rehabilitador, persoal e social co obxectivo de mellorar as súas capacidades e promover a súa autonomía persoal.